top of page
20241026-DSC07152.jpg

CASA MARUXA

En Casa Maruxa invitámoste a gozar dunha experiencia gastronómica única onde a tradición e a calidade se xuntan para ofrecerche o mellor da cociña galega.

 

O noso restaurante, situado no corazón de Galicia, converteuse nun punto de encontro para os amantes dos sabores auténticos e os ambientes acolledores.

Cada prato que servimos está elaborado con ingredientes frescos e da mellor calidade, destacando a riqueza do mar e da terra galega. Dende as nosas especialidades de mariscos e carnes á brasa, ata as nosas irresistibles croquetas caseiras e sobremesas como as famosas rocas de chocolate, cada bocado é unha homenaxe á tradición culinaria.

Ademais, en Casa Maruxa coidamos cada detalle para que te sintas como na casa. O noso ambiente familiar e cercano é perfecto para compartir momentos inesquecibles cos teus seres queridos.

¡Vén visitarnos e descubre por que somos o lugar preferido para gozar da auténtica cociña galega!

Eventos e Ceas

A Terraza

O teu recuncho perfecto ao aire libre.

Cenas Privadas

Exclusividade para as túas ceas especiais.

LOGO PNG - AZUL.png

Contacto

Rúa Carme 1, Baixo

15403 Ferrol, Galicia.

+34 981 35 34 67

bottom of page